... sei que esta noite non vas vir, que pola mañá non vas estar, pero eu vou agardar. Vai a modo, que a noite permita que poida verte, ainda ao lonxe. Sei a medida da túa cintura entre as miñas máns, sei cada liña do teu corpo, sei como xuntas os xeonllos ao camiñlar, que me chiscas un ollo cando te vas... quérote, aínda ao lonxe, como nos quixemos, tamén tan xuntos: Marga

Marga Maderal Cal
Regresar regresaría

se fose de colexial:
sentado ao pé dun carballo
cos pícaros a enredar
os lapis de xunco verde
libretas de azul de mar
papel de arroz satinado
(xa apagaron Lourizan?)

Unha mestra de ollos claros
e corazón liberal
sílabas de azul e branco
letras da Internacional
apréndenos unha táboa
non é de multiplicar
coréana paporrubios
terreitolos e pardais:
“Revolución, Liberdade
Povo Unido, Trato igual
Terra Ceibe e Poesía
Amor libre a todo gas”


Regresar regresaría
a esta escola ideal
porque a mestra é Margarita
Margarita Maderal!


                      Gustavo Luca    





 Neste outono ...
 natural
 marca fabril
 de morte, suave
 de froita, doce acollida
  sen tempo,

ruxe, estoura, repite .. 

   108 azul

   casa mariña
sur: prouguer sempre nel










entroido

a pintora de azuis













  atlantes